A Valedora do Pobo e o CERMI urxen a aplicación da Lei de Accesibilidade

valedorafotobuena.jpg

A  Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, entregou  ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o Informe Extraordinario “A accesibilidade en Galicia” e, a continuación, compareceu en rolda de prensa con representantes das entidades máis representativas da discapacidade na sede  do Valedor do Pobo para dar a coñecer o contido do documento. Tanto a valedora como os representantes das entidades  que contribuíron á elaboración do informe, subliñaron a necesidade de dar cumprimento as esixencias legais de accesibilidade universal e apelaron á implicación dos poderes sociais e da cidadanía.

Otero compareceu acompañada , entre outros, do presidente do Consello territorial de ONCE- Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro; do presidente de COGAMI, do presidente da FAXPG, e da vicepresidenta de Fademga, entidades que contribuíron a elaborar o informe que servirá como marco de referencia para traballar pola plena accesibilidade universal en Galicia. Como indicou a valedora do pobo “a vida cotiá reflicte que a plena accesibilidade é un desexo non cumprido” polo que “é preciso mudar esa realidade axiña facendo cumprir as leis que xa prevén os dereitos esixibles”.
Durante a súa intervención, a valedora do pobo pediu que se adopten con carácter inmediato as medidas para dar cumprimento legal á normativa cuxos  prazos venceron o pasado decembro, que obriga á accesibilidade universal a todos os bens e servizos dependentes da administración pública. Otero cre preciso instar ao sector privado a corrixir os seus servizos e a sancionar os incumprimentos da normativa. Parte importante do traballo pendente garda relación, a xuízo da valedora, coa  necesidade de concienciar á sociedade, ensinando que “o cumprimento das medidas constitúe un imperativo de xustiza que non pode ser aprazado”.

Milagros Otero, Fernández Lamigueiro e Queiruga, duante a rolda de prensa

Por todo esto, a institución do Valedor do Pobo dirixiu recomendacións á administración autonómica, para que acelere os trámites para aprobar o regulamento de desenvolvemento da Lei de accesibilidade, e impulse o Plan galego de accesibilidade e as súas axudas e para que incida en atallar os atrasos que afectan ás valoracións das discapacidades e das dependencias, así como das prestacións dos servizos que estas conlevan.

Ás entidades locais e provinciais pediulles maior dilixencia na eliminación de barreiras, nas esixencias de adaptación das obras e na oferta de prazas de aparcadoiro.
Carlos Fernández Lamigueiro, presidente do Consello Territorial da Once en Galicia, denunciou durante a súa intervención que “todo o que ten que ver coa accesibilidade non ocupa nas axendas políticas nin na mediática o lugar preferente que merece”. A accesibilidade, matizou, afecta a un volume grande da cidadanía e “non só as persoas con discapacidade se ven directisimamente afectadas pola mesma”. Insistiu ademáis que   o cumprimento das condicións de accesibilidade favorecen a habitabilidade e outros dereitos como o acceso á información dos pobos.  “Marcan a diferencia para que as persoas poidan poñer en valor a súa dignidade”, afirmou.
 

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos