A ONCE en CapacitARTE

2018-capacitarte-photo-00000568.jpg

O mes de febreiro foi o mes da ONCE  na mostra CapacitARTE, unha iniciativa promovida polo CERMI Galicia que arrancou no mes de decembro de 2017 e que está  ubicada nas instalacións da Xunta de Galicia de San Caetano, en Santiago de Compostela. Un total de 20 paneis amosaron o día a día da institución, con imaxes de usuarios e voluntarios ONCE . A inauguración da mostra da ONCE estivo presidida polo  conselleiro de Política  Social, José Manuel Rey Varela, con asistencia do presidente do Consello Territorial da ONCE e vicepresidente do CERMI Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro.

CapaciTARTE é  unha mostra a prol dunha Galicia inclusiva e igualitaria, unha iniciativa promovida por CERMI Galicia e grazas á cal, ao longo deste ano 2018, irán pasando polo edificio de San Caetano cada unha das entidades que agrupan e defenden ás persoas con discapacidade física e intelectual. “O obxectivo é que os logros que acadan cada día non queden relegados a un segundo plano, senón que se perciban con toda a importancia que teñen”, afirmou o conselleiro na inaiguración. A exposición, composta por preto dunha vintena de imaxes, amosa o día a día das persoas que forman parte da ONCE, desde usuarios ata voluntarios. Deste xeito, aqueles que visiten a exposición poderán ver as actividades que se realizan desde a entidade.

 


Rey Varela lembrou que acadar a igualdade, a non discriminación e a accesibilidade universal segue a ser unha das prioridades a nivel social do Goberno galego. Froito deste compromiso, en 2018 incrementáronse nun 8%,os orzamentos destinados ás persoas con discapacidade, ata situarse nun total de preto de 103 millóns de euros. Así mesmo, cómpre destacar que a partida destinada aos convenios coas federacións que traballan neste ámbito se incrementaron este ano nun 5% con respecto a 2017, superando os 4 millóns de euros. 
O Conselleiro de Política Social avogou por seguir estreitando a colaboración coas entidades e sumando esforzos para multiplicar os resultados e finalizou a súa intervención agradecendo á ONCE o seu labor, así como o do CERMI e o do resto das entidades que o conforman, non só por poñer en marcha este ciclo de exposicións, senón polo seu traballo de sensibilización coa sociedade para que esta siga avanzando no recoñecemento da valía das persoas con discapacidade.
O ciclo de exposicións CapacitArte, inaugurado o pasado decembro con motivo do Día da Discapacidade, continúa este mes cunha exposición sobre a discapacidade visual elaborada pola ONCE. Cada mes de 2018, o edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, vai acoller unha mostra sobre cada unha das discapacidades representadas no CERMI.

 

 

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos