A ONCE apoia a Festa do Boi de Allariz

Seccións: Xogo
cupon_allarizpresentac.jpeg

A “Festa do Boi” de Allariz (Ourense) foi a protagonista do cupón do 29 de maio. Cinco millóns e medio de cupóns difundiron esta festa que ten as súas raíces no século XIV.
O cupón dedicado á “Festa do Boi” foi presentado na Casa do Concello da localidade ouresá por Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE, e Francisco García, alcalde de Allariz, que estivieron acompañados polo presidente e varios membros da Asociación Cultural Xan de Arzúa e da tenente de alcalde alaricana Cristina Cid.
O delegado territorial de ONCE entregou ao alcalde unha reproducción enmarcada dol cupón a tamaño maio do orixinal. Manuel Martínez felicitou ao pobo de Allariz polo arraigo que ten adquirido a fiesta tradicional,  que atrae cada ano a milleiros de visitantes, moitos deles chegados de fora de Galicia, para participar nunha festa que este ano prolongouse durante dez días.


A Festa do Boi rememora a xesta dun fidalgo alaricano, Xan de Arzúa, que no ano 1317 decidiu poñer fin ao asalto que sufría cada ano a procesión do Corpus Christi cando ía camiño do convento, por parte da pobosción xudea que residía extramuros de Allariz.  Entón, Xan de Arzúa subíuse a un boi e,   na compaña de varios criados e cargado de sacos de formigas, encabezou a procesión e, cando os xudeos aparecieron para boicotearla,  afastounos a base de cornadas e choiva de formigas.
Desde entón todos os anos, polo Corpues,  saía  o Boi por Allariz, apagándose a tradición durante a guerra civil española e recuperada no ano 1983, con moita forzas grazas a un grupo de xoves alaricáns que constituen a  denominada asociación cultural Xan de Arzúa.

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

Decembro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia

Publicador de contidos