¡Todos a MIMOC 2019!

Seccións: Actividades
cartel_mimoc.jpg

 ONCE Galicia vai estar presente esta fin de semana, do 15 ao 17 de febreiro, na  II Mostra Internacional do Mundo do Lecer, MIMOC 2019, que se celebrará  no recinto feiral Expocoruña. Durante tres días, MIMOC 2019 reunirá nun mesmo espazo a empresas destacadas do mundo do lecer co obxectivo de dar a coñecer as últimas novidades do sector.

  A ONCE  de Galicia terá presenza neste evento cun espazo interactivo, no que haberá  material adaptado  para persoas con discapacidade visual e aberto a todo tipo de público que desexe coñecer un pouco mais das actividades que promovemos desde a ONCE ou mesmo para porse na pel dunha persoa cega, por exemplo, colocándose un antifaz e subindo a un tándem para realizar un pequeno percorrido dentro das instalacións do recinto feiral. 

O programa que  levamos é o seguinte: Actividades Deportivas de  Ciclismo en tándem, coa colaboración do Clube  Ciclista Mesoiro;  exhibición de judo o sábado de 11:30 a 13:30 horas, coa  colaboración do noso compañeiro afiliado, Pucho Boedo, mestre de judo e   medallista  paralímpico, e  xadrez o domingo, coa participación do  equipo de xadrez da  ONCE  para xogar con todas as persoas interesadas. Tamén haberá unha partida simultánea dirixida polo mestre Daniel Rivera, o domingo ás 12:00  e as 16:00 horas. 

Haberá atividade musical o venres  ás  18:00 horas, a cargo do  afiliado JESÚS SUÁREZ, líder do  grupo rock MAR DE FONDO, que ofrecerá un concerto acústico no espazo da ONCE. O programa da ONCE rematará cunha charla  o sábado ás 12 horas,  a cargo de  Ángeles Fernández de Usera,  técnico de rehabilitación da ONCE e Nieves García Longueira, animadora sociocultural da ONCE, que falarán sobre “ Recursos, adaptacións e  experiencias de tempo libre  en persoas con discapacidade  visual”.

 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Publicador de contidos