A Conselleira do Mar felicita á ONCE por visibilizar o labor das mariscadoras no concurso Veo Evolución

NÚMERO 8 . OUTUBRO 2018

photo-2018-09-24-12-35-35.jpg

A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, felicitou á ONCE  “por sitúar ás mariscadoras de Galicia como o que son, un dos símbolos máis senlleiros e prezados de Galicia e do noso mar”. Así o dixo no acto de presentación do cupón do  26 de septiembre, ilustrado cunha fotografía do arquitecto e fotógrafo noiés Pedro García Losada, que captou unha instantánea dunha mariscadora faenando no Testal, na Ría de Noia.

A presentación oficial do cupón tivo lugar no  Teatro Noela de Noia, a cargo do delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa María Quintana ye o autor da fotografía, Pedro García, e acompañados temén polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta, Susana Rodríguez, ol patrón maior  da Confraría de Pescadores de San Bartolomé, Santiago Cruz e un nutrido grupo de mariscadoras do Testal.

A imaxe amosa o acto de presentación durante a intervención da conselleira do Mar

Rosa Quintana salientou o labor da ONCE a través do concurso de fotografía Veo Evolución,  "pois contribúe -dixo-  a aumentar os niveis de sensibilización social e a visibilizar o traballo das nosas mulleres do mar ". Engadíu tamén que Veo Evolución “é lgo máis que un concurso de fotografía, é un buscador de historias, de sentimentos e pensamentos nos que se reflicte a nosa idiosincracia.  Con esta iniciativa a ONCE plasma a evolución social de Galicia co fin de  compartila con todo os que compran o cupón”.
Pola súa banda,  Manuel Martínez Pan felicitou ao autor da fotografía por “ter captado coa súa  instantánea o obxectivo final do concurso Veo Evolución, que non é outro que reflectir a evolución social do noso pobo”. Tamén tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para a conselleira Rosa Quintana pola súa sensibilidade cara á  iniciativa da ONCE, e agradeceu tamén ao alcalde de Noia o acollemento dun acyo tan entrañable nas instalacións centenarias do Teatro Noela. 

Imaxe do cupón do 26 de setembro coa fotografía gañadora do concurso Veo Evolución

 

Un xurado profesional
A fotografía de Pedro García presentouse ao concurso  ‘Veo Evolución’ co título de  ‘Marejada en Testal’ e resultou gañadora entre 67 participantes que presentaron as ssúas imaxes en Galicia. O xurado que aeilixíu gañadora estivo  formado polo delegado terrtorial de ONCE en Galicia e  polo presidente do Consello Territorial ONCE-Galicia, ademáis dos xornalistas gráficos Pedro Puig de Llano (Grupo Editorial La Capital), César Quián (Grupo Voz) y Víctor Echave (Grupo Prensa Ibérica). A imaxe amosa ol duro trabajo das mariscadoras que sembran e recollen bivalvos na ría de Noia-Muros.

 En canto á fotografía gañadora do concurso o di todo sobre a forza das mulleres do mar de Galicia e que conta a historia en feminino de centos de persoas que faenan nas nosas rías.  En Galicia a foto vencedora foi Marejada en Testal, do arquitecto e fotógrafo Pedro García Losada, e ilustrou o cupón do mércores 26 se setembro. Trátase da imaxe dunha mariscadora da ría de Muros e Noia, que representa, por unha parte, a forza do traballo feminino das mariscadoras e, por outra parte, o duro traballo que realizan durante as campañas de recollida de bivalvos.

 

Publicador de contidos

Más noticias de Xogo

Foto de grupo de los asistentes a la degustación
Logos de los productos premiados en Galicia en febrero 2026

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos