Colexios de Castrelo de Miño, Beluso-Bueu e Monfero ganan a Fase autonómica do Concurso Escolar

NÚMERO 3 - MAIO 2018

2018-04-05-photo-00000058_0.jpg

Os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Ourense), CEIP Montemogos de Beluso-Bueu (Pontevedra) e CPI Virxe da Cela de Monfero ( A Coruña)  son os gañadores de Galicia na  34 edición do Concurso Escolar do Grupo Social ONCE que, nesta ocasión, invita a docentes e estudiantes a traballar e reflexionar xuntos sobre como poder facer unha escola máis aberta, diversa e para tod@s. Nesta edición participaron 4.372 alumnos de 102 centros educativos de Galicia, que presentaron 241 traballos realizados baixo a coordenación de 127 profesionais da educación.
Baixo o lema “Reinventemos juntos una escuela para tod@s”, o concurso puxo a disposición dos participantes diversas ferramentas para traballar sobre aspectos tan relevantes como a educación emocional, as intelixencias múltiples, o uso das novas  tecnoloxías,  o redeseño de espazo escolar ou a diversidad e na aula. Deste xeito,  foron os propios escolares e profesores os que realizaron propostas para facer unha escola para tod@s.
Neste 34 concurso escolar do Grupo Social ONCE convocouse aos escolares dos centros educativos españoles públicos, concertados e privados, desde Primaria ata Bacharelato, ademáis de Educación Especial e Formación Profesional. Os estudantes de Primaria e Educación  Especial fixeron un cartel que reivindica unha escola para tod@s,  acompañado dunha audiodescripción. Mentres, os escolares da ESO, FP e Bacharelato gravaron unh peza audiovisual (dun minuto de duración) acompañada dun guión detallado.
Cada grupo o auula subíu á páxina web do concurso (www.concursoescolaronce.es) o seu traballo na categoría correspondente: A (3º, 4º de Ed. Primaria); B (5º e 6º de Ed. Primaria); C (Ed. Secundaria e FP Básica); D (Bachillerato e Formación Profesional Media e Superior) e E (Ed. Especial).


Os traballos seleccionados po  xurado de Gallicia para cada unha das categorías foron os seguintes:

CATEGORÍA A: 3º e 4º de Primaria
Colexio: CEIP de Castrelo de Miño- Ourense
Curso: 4º Primaria-A
Profesora: Virginia Álvarez González

CATEGORÍA B: 5º e 6º de Primaria
Colexio: CEIP Montemogos de Beluso-Bueu
Curso: 6º Primaria A
Profesora: Vanessa Fernández Carballo

CATEGORÍA C: ESO e FP Básica
Colexio: CPI Virxe da Cela, de Monfero
Curso: 1º ESO A
Profesora: Yolanda Castro López

Estes colexios pasan aá seguinte, a estatal, cuxa resolución coñecerase o vindeiro 11 de maio. O Xurado autonómico de Galicia estivo presidido por Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE en Galicia e actuaron como vocais os seguintes: Carlos Fernández Lamigueiro, presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia; Andrés Sobrino Suverbiola, profesor da Escola Universitaria de EXB de A Coruña; Elías Palacio Verdini, en representación de CERMI-Galicia e  Ignacio Pardo Pedrosa, catedrático de Debuxo.

 

Publicador de contidos

Más noticias de Protagonistas

adrian_orjales.jpg
visita_fopg.jpg
cartel_concierto_jsuarez.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos