Xunta e ONCE colaboran no consumo accesible

NÚMERO 37. MAIO 2021

consumo_firma_conveniob.jpg

A iniciativa do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) de poñer en marcha un programa formativo de consumo accesible inclúe un taller que abordará os dereitos das persoas consumidoras e usuarias no relativo aos servizos e produtos que espertan un maior interese.

 En virtude do acordo tamén se estudará a accesibilidade da web do IGCC e se ofrecerá atención e asesoramento telefónico. O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia,  e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, asinaron en Santiago de Compostela un convenio de colaboración enmarcado no programa Consumo Accesible. O obxectivo é desenvolver actividades de formación para garantir a dispoñibilidade de información clara, accesible e doada de usar tanto no mercado tradicional como dixital.

 

Imaxe dos dous asinantes do convenio durante o acto

 

A iniciativa, que desenvolve a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), inclúe un estudo de accesibilidade ao sitio web do IGCC para que todas as persoas, con independencia de ter unha discapacidade, da idade ou de acceder á web desde tecnoloxías pouco convencionais, poidan navegar polas súas páxinas sen dificultade de acceso; atención e asesoramento telefónico directo en horario de 9 a 14 horas de luns a venres; así como formación de formadores e formación directa a persoas afiliadas da ONCE a través do taller ' A resiliencia das persoas consumidoras'.

 

Outra imaxe dos asinantes do convenio cambiando impresións logo da firma

 

Esta actividade, a desenvolver ata decembro, abordará os dereitos esenciais que teñen as persoas consumidoras  e usuarias no relativo a servizos e produtos que espertan un maior interese e dúbidas. En concreto, o sector enerxético, a telefonía, as viaxes, o sobreendebedamento ou o comercio electrónico, entre outros. En base á súa experiencia e coñecemento das distintas problemáticas que afectan ás persoas consumidoras de maior idade, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia encargarase de deseñar e elaborar os contidos dos diferentes talleres e da formación.

 

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos