Xunta e ONCE colaboran no consumo accesible
A iniciativa do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) de poñer en marcha un programa formativo de consumo accesible inclúe un taller que abordará os dereitos das persoas consumidoras e usuarias no relativo aos servizos e produtos que espertan un maior interese.
En virtude do acordo tamén se estudará a accesibilidade da web do IGCC e se ofrecerá atención e asesoramento telefónico. O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, asinaron en Santiago de Compostela un convenio de colaboración enmarcado no programa Consumo Accesible. O obxectivo é desenvolver actividades de formación para garantir a dispoñibilidade de información clara, accesible e doada de usar tanto no mercado tradicional como dixital.
A iniciativa, que desenvolve a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), inclúe un estudo de accesibilidade ao sitio web do IGCC para que todas as persoas, con independencia de ter unha discapacidade, da idade ou de acceder á web desde tecnoloxías pouco convencionais, poidan navegar polas súas páxinas sen dificultade de acceso; atención e asesoramento telefónico directo en horario de 9 a 14 horas de luns a venres; así como formación de formadores e formación directa a persoas afiliadas da ONCE a través do taller ' A resiliencia das persoas consumidoras'.
Esta actividade, a desenvolver ata decembro, abordará os dereitos esenciais que teñen as persoas consumidoras e usuarias no relativo a servizos e produtos que espertan un maior interese e dúbidas. En concreto, o sector enerxético, a telefonía, as viaxes, o sobreendebedamento ou o comercio electrónico, entre outros. En base á súa experiencia e coñecemento das distintas problemáticas que afectan ás persoas consumidoras de maior idade, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia encargarase de deseñar e elaborar os contidos dos diferentes talleres e da formación.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30