Xunta de Galicia e Fundación ONCE firman un convenio de colaboración

Seccións: Actividades
180206firmando_once_01x.jpg

O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o presidente da ONCE e a súa Fundación, Miguel Carballeda Piñeiro, firmaron un convenio de colaboración entre a Xunta e a Fundación ONCE. O acto tivo lugar na sede da Presidencia do Goberno galego en San Caetano (Santiago de Compostela) na mañá do 6 de febreiro. Durante  o acto, ámbolos dous avogaron  pola cooperación da Xunta e os distintos axentes sociais, neste caso a Fundación ONCE,  para seguir avanzando cara a unha sociedade na que ter distintas capacidades non signifique ter menos oportunidades.  Os dous presidentes subliñaron que  o convenio asinado contribuirá a afondar na relación entre a ONCE e a Xunta de Galicia e a eliminar as barreiras de todo tipo que as persoas con discapacidade teñen que afrontar, cunhas metas que abranguen a formación, a accesibilidade ou a empregabilidade. En virtude deste convenio a ONCE investirá 4 millóns de euros en 2 anos con posibilidade de prórroga. 

 

O presidente da ONCE e a súa Fundación, Miguel Carballeda  subliñou, ademáis,  que a ONCE, xunto coa súa fundación e a súa corporación empresarial xera máis de 100.000 empregos directos e indirectos.

Pola súa banda, o presidente do Goberno galego lembrou que a Administración autonómica seguirá traballando co fin de dar unha cobertura maior e de máis calidade a aqueles que teñen limitada a súa autonomía persoal. Ademais, sinalou que a Xunta destinará neste exercicio preto de 103 millóns de euros á atención das persoas con discapacidade, 7 millóns e medio máis que en 2017. Unha contía que permitirá colaborar máis e mellor coas organizacións sociais, incrementando a partida dos convenios coas federacións de discapacidade nun 5%; aumentar nun 60% a orde de axudas a entidades de ámbito municipal para mellorar os seus equipamentos en accesibilidade e para a supresión de barreiras arquitectónicas; e crear novas prazas de atención á discapacidade, ao aumentar a partida destinada a sufragar o seu custo ata acadar os 84 millóns de euros.

 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos