Xogando no peirao

NÚMERO 17- XULLO 2019

pontevedraagninoenstandconmaterial.jpg

Os días dous e tres de xuño a Axencia ONCE de Pontevedra en  colaboración coa DAP de Vigo e o CRE de Pontevedra participou nas  xornadas "Xoguemos no Peirao" celebradas na localidade  pontevedresa de  Cangas do Morrazo. As xornadas déronlle visibilidade á necesidade de espazos públicos accesibles e adaptados para que tódalas persoas podan disfrutar deles independentemente de cales sexan as súas limitacións físicas, sensoriais ou intelectuais. Dende a ONCE colaborouse coa instalación dun posto demostrativo no que se ofreceu información e espúxose  material accesible diverso das áreas educativas e de lecer.

 Nesta tarefa colaborou a técnico de rehabilitación da DAP de Vigo, Julia Fernández. Tamén houbo dúas bicicletas tándem, cedidas polo CRE de Pontevedra, a disposición de quen quixese coñecer o ciclismo adaptado para invidentes. Durante os dous días foron moitos os adultos e nenos que se achegaron ao posto da ONCE para coñecer e compartir o labor que  realiza a nosa entidade a prol da inclusión das persoas cegas e con discapacidade visual severa.

 

Na imaxe vese o stand montado pola ONCE  no peirao de Cangas

 

Un neno xoga co moneco Braitico

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

vigosalida_castrelos.jpg
tupersexgrupo.jpg
ardelucus.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos