Xogando no peirao

Os días dous e tres de xuño a Axencia ONCE de Pontevedra en colaboración coa DAP de Vigo e o CRE de Pontevedra participou nas xornadas "Xoguemos no Peirao" celebradas na localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo. As xornadas déronlle visibilidade á necesidade de espazos públicos accesibles e adaptados para que tódalas persoas podan disfrutar deles independentemente de cales sexan as súas limitacións físicas, sensoriais ou intelectuais. Dende a ONCE colaborouse coa instalación dun posto demostrativo no que se ofreceu información e espúxose material accesible diverso das áreas educativas e de lecer.
Nesta tarefa colaborou a técnico de rehabilitación da DAP de Vigo, Julia Fernández. Tamén houbo dúas bicicletas tándem, cedidas polo CRE de Pontevedra, a disposición de quen quixese coñecer o ciclismo adaptado para invidentes. Durante os dous días foron moitos os adultos e nenos que se achegaron ao posto da ONCE para coñecer e compartir o labor que realiza a nosa entidade a prol da inclusión das persoas cegas e con discapacidade visual severa.