Visita sensorial ao Pazo de Lourizán

NÚMERO 5- XULLO 2018

fotodegrupodelantedelpazo.jpg

“AS CORES E SABORES DO PARAISO EN LOURIZÁN"  é como se denominou a visita guiada, especialmente adaptada, de vinte afiliados da ONCE de Pontevedra á finca e xardín do “Cuco de Lourizán”, é di, ás que no seu día  foron finca e casa de veraneo de  Eugenio Montero Ríos e a súa familia.
 Capitaneados pola directora da Axencia da ONCE en Pontevedra, Paula Calvete Palmero,  e invitados pola dirección do CIFP "Carlos Oroza", os membros da ONCE percorreron a romántica escalinata de pedra do pazo,  descubriron o son das fontes máis agochadas da finca, o elegante invernadoiro modernista, e tamén as árbores máis senlleiras e centenarias deste fermoso xardín escenario da política española hai máis dun século.

Recorrido polas fontes máis agochadas nos xardín do Pazo

 

A xornada rematou cun saudable e orixinal aperitivo elaborado cos productos da horta e  co ingrediente especial do Cifp Carlos Oroza:  as camelias aromáticas das Rías Baixas, que tamén atopamos neste xardín histórico incluido na ruta das camelias.

A actividade axudou dou a poñer en valor a universalidade  do turismo respetuoso co medio e a gastronomía saudable en entornos naturais.  alumnos de Turismo e Hostelería do centro pontevedrés Carlos Oroza, que reciben formación en guía a atención a persoas cegas por parte de persoal do CRE da ONCE,  puxeron en práctica os coñecementos, destrezas e habilidades adquiridas co desenvolvemento dos tres proxectos de Innovación Educativa premiados pola Consellería de Educación ( Para ti, para min, para todos #8211 PonteVan FP na rúa #8211 A nosa camelia  tan curiosa como saborosa).

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

almuinanaactuacionmb.jpg
presidenciadelactocontourinan.jpg
colaboracion_apam.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos