Tempos de marcar o X Solidaria

NÚMERO 37. MAIO 2021

xsoildariacupononce.jpg

Co inicio da campaña para a presentación da Declaración da Renda, as ONG galegas, baixo o paraugas de EAPN Galicia, Cermi Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, máis ca nunca, piden a colaboración da cidadanía para que marque o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”, o que se coñece como X Solidaria.

A emerxencia sanitaria que padecemos está facendo máis vulnerables ás persoas que xa o eran antes da pandemia. Cara elas as ONG galegas destinan programas e servizos de atención ás persoas en exclusión social ou pobreza que, para seguir manténdose, precisan do financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF, un orzamento que ás persoas contribuíntes non lles supón ningún custo a maiores.

 

Cartel de la Campaña X Solidaria con el lema 2Tienes el poder de ayudar a MILLONES de personas"

En  Galicia, a campaña de 2020 recadou 19.292.383 euros, unha cantidade aportada polas 735.705 persoas que marcaron a X Solidaria na súa Declaración. Comparada coa campaña anterior, foron 19.504 persoas máis as que marcaron a X Solidaria permitindo recadar 1.828.550 euros máis. Como media cada contribuínte aportou 26,22 euros.

Actualmente, son aínda 594.110 persoas contribuíntes as que seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 473.691 non marcaron ningún recadro e 120.419 só marcaron o da Igrexa). No caso de facelo, permitirían que a asignación final en Galicia incrementara en 12.984.780 euros ata un total de 32.277.165 euros.

O IRPF abarca unha gran diversidade de programas de loita contra a pobreza, pola discapacidade e pola infancia, que veñen desenvolvendo todo tipo de actividades como programas de atención temperá, de inserción laboral, de exclusión social, para a atención a mulleres en situación de violencia machista, educativos, etc.

 

CArtel que reproduce las aportaciones realizadas en toda Galicia en 2020 marcando la X Solidaria

 

Dende as ONG  destacan que a pandemia motivou un empobrecemento xeral e un incremento de demanda, debendo prestar tamén axuda e servizos a novas persoas e perfís en situación de exclusión social, en especial nenos e nenas, antes de que se cronifique a súa situación. As organizacións ven, por exemplo, como se agravan doenzas e se ralentizan recuperacións funcionais que precisan moitas persoas con discapacidade.

EmerXencia SOLIDARIA

As entidades de acción social galegas queren recordar que “Marcar o X Solidario non custa nada: NIN pagamos máis NIN imos recibir menos cartos no caso das devolucións”  e que se se  marca a casiña da Igrexa, pódese marcar tamén a de ‘Actividades de Interese Social’,
Máis información: 
www.xsolidaria.org
EAPN Galicia / CERMI Galicia e Plataforma de ONG de Infancia. 698 127 110

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos