Teatro Muxicas recolle dous galardóns en O Carballiño
Os compoñentes do grupo de teatro Muxicas de Ourense, acompañados polo director da ONCE en Ourense, Jesús Sánchez García, recolleron o Premio do Público á Mellor Obra e o Premio Tiruleque da XI Mostra de Teatro Amador “Terras de Orcellón”. O acto de entrega tivo lugar nunha gala benéfica celebrada o domingo 3 de febreiro no Auditorio municipal Manuel María de O Carballiño, organizada polo grupo Tiruleque coa colaboración do Concello de O Carballiño e a Deputación de Ourense, na que actuou o Coro de Cámara Música Viva, dirixido por Valentina Dolisnea Ivasechko, e o proio grupo Tiruleque coa comedia “Pasou un anxo”, de Herik Svindel.
O grupo de teatro Muxicas, composto por actrices e actores invidentes e ipulsado pola ONCE, gañou os dos Premios na Mostra de Teatro que se celebrou o pasado outono, na que representou o seu espectáculo O inspector, de Nikolai Gogol, con dirección de Tito Asorey. Muxicas leva case vinte anos facendo posible que persoas cegas ou con discapacidade visual severa poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso arti?stico a o mundo da Arte Drama?tica. Dende o ano 2007 a direccio?n do grupo recae en Tito Asorey, recon?ecido profesional do teatro ourensa?n, actor e director de escena, co que levan postos en escena nove especta?culos que puideron ser vistos en escenarios de todo o pai?s, entre eles o ce?lebre Teatro Arriaga de Donosti, onde colleitaron un enorme éxito. Para o seu labor en Muxicas, Tito Asorey conta coa inestimable axuda doutra gran profesional, Sabela Castro.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31