Preparando a vellez

NÚMERO 17- XULLO 2019

ourense.envejecimientoactivoasistentes.jpg

A axencia de Ourense acolleu  o pasado mércores 26 de xuño unha xornada sobre Envellecemento  Activo, impartida por  Javier Valencia Rajoy, Licenciado en Educación Física e  monitor deportivo, que coordena as clases de  xerontoximnasia que se imparten na axencia ourensá.

A exposición de Javier Valencia xirou arredor dos Hábitos Saudables que poden axudarnos a mellorar a nosa calidade de vida diaria. Máis de 25 afiliados asistiron á  charla. O programa de Envellecemento Activo da ONCE busca mellorar a motivación, a saúde e a  calidade de vida trala etapa laboral activa.

Durante estes días aa Axencia segue acollendo un programa de actividades, con temas de interese como son planificación económica na xubilación, a saúde, a calidade de vida, o ocio, a cultura, o tempo libre, etc.) para todos os afiliados da ONCE maiores de 55 anos sen actividade laboral e perceptores dunha pensión derivada dunha relación directa coa Organización.

 

Imaxe do monitor Javier Valencia impartindo a xornada sobre Envellecemento activo

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

vigosalida_castrelos.jpg
tupersexgrupo.jpg
ardelucus.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos