Premio Extraordinario da ESO

NÚMERO 5- XULLO 2018

ivannovegil_0.jpg

O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta  de Galicia, Román Rodríguez, entregoulle ao xove alumno afiliado Iván Novegil Cancelas, o diploma correspondente ao Preio Extraordinario da ESO, concedido pola Xunta.  O acto de entrega celebrouse na Cidade da Cultura de SAntiago de Compostela. Iván Novegil é de Cangas e estudou no colexio da Compañía de María, onde cursou dende carto de Educación Infantil a carto da  ESO.

 Estes galardons recoñecen o esfoerzo e superación persoal dos corenta alumnos galegos que foron recoñecidos no acto. Según os seus profesores, Iván sempre destacou pola sùa capacidade intelectual  e o seu espíritu crítico e hai poucos días rematou primeiro de bacharelato cunhas calificacións excelentes. O xove  está cada vez máis preto de acadar o seu soño  de ser xornalista e, co seu currículo, de seguro que en poucos anos será un gran profesional. Parabéns Iván

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos