Olladas presentou o caderno AÚN MADA AÍNDA

NÚMERO 5- XULLO 2018

portada_libro_haikusollada.jpg

O grupo Olladas literarias presentou o venres 8 de xuño,  no Salón de Actos da Delegación Terrtorial da ONCE en A Coruña o  seu caderno de haikus “AUN- MADA- AÍNDA” .
O grupo OLLADAS se formou na ONCE hai dous anos   como un taller literario dirixido a persoas con discapacidade visual e coordenado polo poeta e dramaturgo  Lino Braxe.

O caderno recolle as súas creacións da tempada 2017- 2018 : os haikus escritos polos compoñentes do grupo nos pasados nove meses. Os haikus, de orixe xaponés,  son poemas breves de tres liñas. Durante a presentación, os membros de Olladas recitaron as súas creacións e tamén leron relatos breves da súa autoría. Nas reunións semanais que o grupo celebra na ONCE aprenden non só composición poética senón que tamén cultivan a narrativa, os aforismos e a dramaturxia. 

Lino Braxe e varios membros de Olladas durante o recitado dos haikus

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

Foto de grupo de los afiliados que visitaron la exposición de cerámica
Un grupo de personas ciegas leyendo libros en braille durante la Feria del Libro de Santiago
Escenarios de los eventos de Correlinguas en Moaña y en Vigo

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos