Olladas presentou o caderno AÚN MADA AÍNDA
O grupo Olladas literarias presentou o venres 8 de xuño, no Salón de Actos da Delegación Terrtorial da ONCE en A Coruña o seu caderno de haikus “AUN- MADA- AÍNDA” .
O grupo OLLADAS se formou na ONCE hai dous anos como un taller literario dirixido a persoas con discapacidade visual e coordenado polo poeta e dramaturgo Lino Braxe.
O caderno recolle as súas creacións da tempada 2017- 2018 : os haikus escritos polos compoñentes do grupo nos pasados nove meses. Os haikus, de orixe xaponés, son poemas breves de tres liñas. Durante a presentación, os membros de Olladas recitaron as súas creacións e tamén leron relatos breves da súa autoría. Nas reunións semanais que o grupo celebra na ONCE aprenden non só composición poética senón que tamén cultivan a narrativa, os aforismos e a dramaturxia.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31