O disco máis inclusivo da Historia

NÚMERO 16. XUÑO 2019

mipagora_002.jpg

O Palacio da Ópera de A Coruña  acolleu a primeiros do mes de maio a presentación do disco  máis inclusivo da Historia. Un proxecto  ideado e feito realidade polo musicó Rober Pier, coa participación case un centenar de membros de sete colectivos con discapacidades diferentes, e que contou na súa presentación co acompañamento da Banda Municipal de A Coruña, dirixida por Juan José Ocón.

Impulsado pola Asociación 'Tres por Cuatro" o proxecto Músicas Inclusivas e Participativas enmárcouse no programa Cultura Accesible e Inclusiva que desenvolven conxuntamente a Fundación Emalcsa e o Concello, e dirixido por Rober Pier. Como músico e como técnico sociosanitario, Pier imparte dende hai tres anos talleres musicais en distintas entidades da cidade, entre elas a ONCE, onde leva o grupo de musicoterapia ao que asisten afgiliados e afiliadas da cidade. Todo o disco xira arredor de elementos da natureza. No concerto-presaentación do disco no Palacio da Ópera tamén interviron a  cantante Lydia Botana e os coros Ludus Tonalis, Sotto Voce e Grupo Vocal. A peza estrela do disco é a canción 'Diversos funcionales', que Rober Pier creou para a ONCE, un tema no que demándase  a normalización.

 

Na imaxe vese tódolos participantes  preparados para iniciar o concerto no Palacio da Ópera
 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

Collage con algunas de las actividades realizadas durante la feria Diversiarte de Lugo
Usuario probando las gafas Rayban
Foto de familia del encuentro navideño en Vigo las tres estructuras del Grupo Social ONCE

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos