O día da ONCE ven cheo de sorpresas

NÚMERO 15. Maio 2019

globoribeira_sacra.jpg

O Consello Territorial de ONCE-Galicia organiza un ano máis a celebración do Día da ONCE, que chega á súa 26 edición o próximo sábado 26 de maio, de novo no hotel restaurante Scala do lugar de Pazos en  Padrón  (A Coruña),e coa actuación estelar do humorista e actor Touriñán, o sorteo de dúas viaxes e unha ampla programación cultural en tódalas cidades galegas nos días previos e posteriores.

O acto central do Día da ONCE será  o xantar de confraternidade ás 14 horas do sábado 26 de maio no restaurante Scala de Padrón, ao que tódos os que queiran poderán chegar en autobuses gratuitos con saída e regreso das distintas sedes da ONCE de Galicia. Ao remate da comida Xosé Antonio Touriñán sorprenderá  coa seu humor animará a tódolos asistentes e logo sortearanse dúas viaxes para dúas persoas, consistentes nunha ruta en globo pola Ribeira Sacra que se completa cun aperitivo e brindis ao aterrar logo da travesía.

Para solicitar máis información sobre esta festa, podedes chamar a vosos Centros ou aos teléfonos do Consello Territorial: 981.21.64.54 // 981.20.69.13 // 986.85.77.66, ext.121366 // 986.22.72.08, ext.121238.

Como ven sendo habitual, os días previos e posteriores ao Día da ONCE vaise desenvolver un amplo programa cultural en tódalas cidades galegas, segundo o programa que reproducimos de seguido:

A CORUÑA23 maio/ 20:30 horas/ Grupo folk  Charamuscas/ Salón Actos Delegación Territorial

                    30 maio/ 20:30 horas/Coral Breogán/Salón Actos Delegación Territorial

                    9 xuño / 20 horas/Jesús Suárez e Mar de Fondo-concierto Rock/Cantón Grande


FERROL:  24 maio/ 20:30 horas /Francisco Almuiña: Cantares de cego/ Salón Actos Agencia ONCE 


SANTIAGO23 maio/ 20:30/Francisco Almuiña:Cantares de cego/Salón Actos Agencia ONC

                    8 xuño / 20:30 horas/Teatro Muxicas/Salón Teatro-Rúa Nova

LUGO:  19 maio/ 19 horas/Coral Breogán/ Centro Cultural O Cárcere Vello 

OURENSE21 maio/ 20:30 horas/ Coral Breogán / Salón Actos ONCE 

PONTEVEDRA23 maio/ 20:30 horas/Teatro Valacar / Salón Actos Agencia ONCE

VIGO:  13 maio/ 18 horas/ Charla-coloquio Día das Letras Galegas /Salón Actos ONCE

           22 maio/ 20 horas/ Teatro Valacar/Salón Actos ONCE

 

 

Publicador de contidos

Más noticias de De Interese

Foto del símbolo del euro
Foto de ambiente de la presentación del acuerdo entre Microsoft, Founderz y Fundación ONCE

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos