O CRE acolleu as probas ABAU da pandemia

NÚMERO 29. AGOSTO-SETEMBRO 2020

alumnos_con_discapacidad_visual_durante_las_pruebas.jpg

O CRE de PONTEVEDRA acolleu un ano máis as probas da ABAU para dezaseis estudantes con discapacidade. Oito dos examinandos son afiliados á ONCE e para a súa preparación tiveron o  apoio dos mestres e mestras dos Equipos Específicos de Atención Educativa da ONCE. 

 Un total de dezaseis alumnos e alumnas con diferentes discapacidades afrontaron desde o martes 7 de xullo e ata o xoves día 9  as probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), que se  desenvolveron nas instalacións do Centro de Recursos Educativos #8211CRE- da ONCE en Pontevedra. Oito dos estudantes son cegos ou teñen discapacidades visual severa. Para a súa preparación contaron co apoio dos mestres e mestras que forman parte dos Equipos Específicos de Atención Educativa que a  ONCE, en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia, pon a disposición deste alumnado con discapacidad visual durante toda a súa etapa de formación.
Coma sempre , desde o CRE colaboran coa CIUG para que esta proba para as personas con discapacidade non presente máis dificultades que as propias do seu contido académico e que o grupo de alumnos con necesidades de adaptación poidan tela solucionada sin que elo deba constituir unha inquidanza complementaria para eles.
Debido á situación de pandemia que aínda estamos a vivir, adoptáronse estrictas  medidas de limpeza, ventilación e desinfección periódicas ademáis de estar a disposición tanto do alumnado como dos membros do tribunal examinador tódolos medios do CRE para protexerse dun hipotético contaxio.

 

Vista exterior do edificio do CRE da ONCDE en Pontevedra


O acceso ás aulas de exámen fíxose desde o exterior de modo individual e sen espazos intermedios de espera, conforme ás instruccións oficiais para este exame coa particularidade de que o  número de examinandos foi moi inferior ao que tiveron noutros centros. O examinando preciso de asistencio  realizou este percorrido acompañado. Os espazos de exame foron de uso individual e dispúxose dunha separación moi superior á recomendada polas autoridades sanitarias.

Os 8 afiliados ONCE tiveron á súa disposición o  uso de materiais adaptados así como a trascripción ao braille dos seus  exámes, todo elo ademáis das medidas de accesibilidade e igualdade que adoptou o tribunal e que o Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra puxo á súa disposición como nos 27 anos precedentes de cooperación.

 

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos