Muxicas recibe un premio do público
O grupo de teatro Muxicas de Ourense, apoiado e impulsado pola ONCE, ven de recibir este mes en O Carballiño o Premio do Público na XI Mostra Amador "Terras do Orcellón", coa obra "O Inspector" de Nikolái Gogol, versionada e dirixida por Tito Asorey. Muxicas leva case vinte anos facendo posible que persoas con cegueira ou discapacidade visual severa poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso artístico a un mundo, paradoxicamente tan visual, como é o da Arte Dramática.
Tito Asorey dirixe Muxicas desde o ano 2007. Con Asorey, recoñecido profesional do teatro, actor e director de escena, que ten no seu haber cinco premios María Casares en diferentes categorías e coñecido por todos nós polas súas interpretacións en series tan exitosas como Serramoura, Fariña, Servir y Proteger,...) levan postos en escena nove espectáculos que puideron ser vistos en escenarios de todo o país, entre eles o célebre Teatro Arriaga de Donosti. Conta como axudante de dirección con Melania Cruz (premio Mestre Mateo á Mellor actriz protagonita 2018, premio Maria Casares á Mellor actriz protagonista 2016 Muxicas tamén comparte cos otros grupos da ONCE o Premio Max 2012 deteatro afeccionado.
O obxectivo de Muxicas é loitar pola inclusión do colectivo de actores con cegueir no eido escénico e construír colectivamente postas en escena dende o rigor artístico, traballando arreo para ofrecer espectáculos que poidan ser disfrutados por todo tipo de público, independentemente de que conte ou non con discapacidade visual. A obra coa que están percorrendo Galicia durante 2018 "O Inspector" é unha comedia de ritmo frenético onde dez actrices e actores dan vida nas táboas ao clásico texto de Gógol
, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey.
O elenco de O Inspector está formado por Teresa Rodríguez, Severino Pérez, Alejandro Losada, Francisco Gómez, Luis Pequeño, Iago López, Ricardo Rodríguez, María del Carmen Fernández, Eva Herbella e Aída Saíz e a trama fala de que nunha localidade gobernada por políticos corruptos reciben a nova de que acaba de chegar un inspector do goberno para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudio acerca da limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes. Ante esta situación, os gobernantes entran en pánico, procedendo á destrución de todas as probas que os poidan comprometer. Comezará así unha espiral de submisión cara ese inspector, ofrecéndolle todo tipo de agasallos e subornos, chegando a límites insospeitados de tolemia e indignidade.
Tras a estrea na Casa da Cultura de Barbadás en xuño deste ano 2018, o espectáculo xirou por diversos teatros e auditorios: Fornelos da Ribeira, Mostra de Teatro de Salvaterra de Miño, Monforte de Lemos, certame de Teatro SuperArte de Viveiro, O Carballiño, Ferreira de Pantón, o Barco de Valdeorras e seguen nesta primeira semana de decembro con representacións na Escola Municipal de Teatro de Ourense.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31