Música e teatro para agasallar á sociedade galega

NÚMERO 5- XULLO 2018

almuinanaactuacionmb.jpg

Con motivo da celebración do XXV Día da ONCE e o 80 aniversario da Organización, o Consello Territorial de Galicia organizou un amplo programa de actuación artísticas, musicais e teatrais para dar a coñecer e facer partícipe á sociedade galega do traballo e o compromiso que no eido cultural desenvolven os nosos afiliados. Houbo un total de dezaseis actuacións que se desenvolveron nas capitais provinciais: A Coruña , Lugo, Ourense e Pontevedra, ademáis de en Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, Monforte de Lemos e Carballo.

No eido musical houbo concertos conxuntos das corais Breogán de A Coruña e Cidade de Vigo, así como actuacións do grupo folk Charamuscas de Santiago de Compostela. O afiliado lucense Francisco Almuiña Chorén, de nome artístico "Francisco do Romualdo" representou o seu espectáculo "Paus de Cego" onde acompañado da zanfoña e as maltrañas ofreceu unha escolla de cantares de cego, romances e coplas tradicionais.

Máis contemporáneo foron os concertos de rock ofrecidos polo músico afiliado coruñés Jesús Suáre, quen coa súa banda "Mar de  Fondo" presentou o seu segundo traballo discográfico "Pulsaciones". Teatro Valacar  de A Coruña estreou a obra "Frechas do anxo do esquecemento", do premio nacionl de Teatro José Sanchís e dirixida por Pedro Rubín. Pola súa banda, Teatro Muxicas de Ourense representou a obra "O Inspector", de Nikolai Gogol, dirixida por Tito Asorey.

Actrices de Valacar durante a representación da obra de Sanchís

 

Jesús Suárez e a banda Mar de Fondo durante a súa actuación en Vigo

 

 

 

 

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos