Máis de 500 alumnos na Semana de Portas Abertas

NÚMERO 2 - ABRIL 2018

pp.aa_.marisol.jpg

O Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE, de Pontevedra, organizou  unha Semana de Portas Abertas, do 12 ao 16 de marzo, durante a que recibíu a visita de máis de 500 alumnos e profesores de centros educativos públicos, privados e concertados. A gran acollida por parte da comunidade educativa obrigou ao centro a realizar turnos de mañá e tarde para poder atender a demanda. Foi visitado por alumnos e profesores de ensino Primario, ESO e  Formación Profesional. Con esta Semana de Portas Abertas o CRE continuou as actividades vinculadas ao seu 75 aniversario.

Alumnos e profesores foron atendidos pola dirección e polo persoal técnico especializado e  participaron e experimentaron en talleres dunha duración de 30 minutos cada un que lles permitiron, entre outras cousas, achegarse ao material didáctico e tecnolóxico. Coñeceron materiais e equipos  representativos da aula de tiflotecnoloxía (ordenadores, escáneres, lectores de documentos, programas de última xeración), material didáctico e maquetas do museo e comprobaron o funcionamento e utilidade de todo o material amosado.

Se les ensinou o proceso de producción de material didáctico específico para alumnos con cegueira e discapacidade visual (mapas en relevo, adaptación de libros, reproducción de láminas, etc), se lles deron nocións básicas do código de lecto-escritura braille,  e se lles mostrou a unidad de producción braille,  o lugar onde se transcriben os libros en tinta a braille. Tamén poideron participar nun taller braille escribindo en 15 máquinas Perkins.  Para finalizar, tamén tiveron un taller de técnica guía, onde se lles ensinaron pautas de  orientación y e mobilidade ademáis de habilidades da vida diaria, para o que utilizaro antefaces e gafas de simulación.

Alumnos participando nun taller de braille

 

Publicador de contidos

Más noticias de CRE

Collage con las diferentes actividades realizadas durante la XVII Escuela Deportiva del CRE de Pontevedra
Un grupo de personas en un taller de braille utilizando la máquina perkins

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos