Música e teatro para agasallar á sociedade galega
Con motivo da celebración do XXV Día da ONCE e o 80 aniversario da Organización, o Consello Territorial de Galicia organizou un amplo programa de actuación artísticas, musicais e teatrais para dar a coñecer e facer partícipe á sociedade galega do traballo e o compromiso que no eido cultural desenvolven os nosos afiliados. Houbo un total de dezaseis actuacións que se desenvolveron nas capitais provinciais: A Coruña , Lugo, Ourense e Pontevedra, ademáis de en Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, Monforte de Lemos e Carballo.
No eido musical houbo concertos conxuntos das corais Breogán de A Coruña e Cidade de Vigo, así como actuacións do grupo folk Charamuscas de Santiago de Compostela. O afiliado lucense Francisco Almuiña Chorén, de nome artístico "Francisco do Romualdo" representou o seu espectáculo "Paus de Cego" onde acompañado da zanfoña e as maltrañas ofreceu unha escolla de cantares de cego, romances e coplas tradicionais.
Máis contemporáneo foron os concertos de rock ofrecidos polo músico afiliado coruñés Jesús Suáre, quen coa súa banda "Mar de Fondo" presentou o seu segundo traballo discográfico "Pulsaciones". Teatro Valacar de A Coruña estreou a obra "Frechas do anxo do esquecemento", do premio nacionl de Teatro José Sanchís e dirixida por Pedro Rubín. Pola súa banda, Teatro Muxicas de Ourense representou a obra "O Inspector", de Nikolai Gogol, dirixida por Tito Asorey.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31