Interese polo futuro dos nosos xoves

NÚMERO 35-MARZO 2021

creana_varas_abraldes_0.jpg

Estudiantes e as súas familias participaron na sétima Xornada de  Orientación Educativa e Profesional do ámbito do CRE de Pontevedra, organizada polo centro e as delegacións territoriais de Galicia e Asturias, e que nesta edición celebrouse online a través da plataforma Zoom, e dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional  e primeiro curso de Universidade.

Interviñeron responsables e técnicos das delegacións territorias de Galicia e Asturias e do CRE, ademáis da directora da Escola Universitaria de Fisioterapia que ONCE ten na Universidade Autónoma de Madrid, que aportaron información institucional e dos servicios que ofrece a ONCE durante o proceso educativo e ao inicio do proceso laboral.

Os contidos estiveron encamiñados a orientar cómo elixir o futuro, os diferentes  itinerarios formativos e profesionais e as implicacións da nova Lei de Educación. Ademáis, relatarion as súas experiencias educativas as xoves afiliadas María Astray, que estuda para ser mestra;  Iris Estévez, quere ser traballadora social; a campiona deportiva  Adiaratou Iglesias, que vai a estudar Fisioterapia e o xove Alejandro Losada, que está estudando Xestión Administrativa.

Outros afiliados que xa están inmersos no ámbito laboral falaron das súas experiencias profesionais:  Cristian Giráldez,  como técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web;  Nuria Yanguas, do seu traballo como sicóloga da ONCE,  Ana Varela,  que é axente vendedora  e Isabel Álvarez, músico profesional.

 

 

 

Publicador de contidos

Más noticias de CRE

Estudiantes en un aula trabajando con sus portátiles
Collage con distintas actividades de las XVIII Escuela Deportiva

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos