Homenaxes, humor e camaradería no Día da ONCE

NÚMERO 5- XULLO 2018

presidenciadelactocontourinan.jpg

O Día da ONCE de Galicia, festa de confraternidade que organiza cada ano o Consello Territorial de Galicia, que preside Carlos Fernández Lamigueiro, chegou á súa XXV edición e  reuniu o sábado 16 de xuño, no restaurante do hotel Scala , de Pazos-Padrón,  a máis de 500 afiliados e traballadores da entidade procedentes de toda Galicia para participar nunha xornada festiva na que se  homenaxeou  a traballadores recén xubilados e  afiliados que veñen de acadar a súa  licenciatura nas universidades galegas.

A xornada comezou ás 14:00  horas cun acto institucional de benvida e salutación, no que participaron o presidente do Consello Territorial, Carlos Fernández Lamigueiro; o director xeral da Fundación ONCE, José Luis Martínez Donoso; o director xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, o delegado territorial de ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e o concelleiro de benestar de Padrón.

Houbo un xantar de confraternidade, que rematou coa entrega de placas e diplomas a 13 afiliados e traballadores que acadaron a condición de pensionistas e xubilados no último ano (12 vendedores de cupón e unha ordenanza),  así como  a dous afiliados que neste curso remataron os seus estudos nas universidades galegas, un en  Relacións Laborais e outro en Socioloxía. O gran humorista galego Xosé Antonio Touriñán puxo fin á xuntanza coa súa actuación, na que interactuou con varios asistentes.
 

Na imaxe vese ao humorista Touriñán co presidente do Consello Territorial

 

Vista xeral do comedor do hotel Sacala durante o xantar

Touriñán durante a súa intervención no Día da ONCE

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

Collage con algunas de las actividades realizadas durante la feria Diversiarte de Lugo
Usuario probando las gafas Rayban
Foto de familia del encuentro navideño en Vigo las tres estructuras del Grupo Social ONCE

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos