Esculpir ás apalpadas

NÚMERO 17- XULLO 2019

mestre_mateo.jpg

Esculpir ás apalpadas foi a materialización dun proxecto de colaboración artística entre a ONCE e a EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, xurdido da  idea de implementar a capacidade reflexiva do alumnado do ciclo superior de Técnicas Escultóricas, sobre os procesos e capacidades necesarias para a práctica da escultura, e da inmersión nestes mesmos procesos de persoas alleas a este campo, neste caso afiliados da ONCE de Compostela, con axuda dos cales cuestionouse a “tiranía da mirada” como factor determinante dentro da plástica escultórica.

Os afiliados ONCE e o  alumnado do ciclo de escultura amosaron un xeito de crear dende o “interior intuitivo”, promovendo a atención a outros sentidos, ¿que se escoita cando esculpes?, ¿que tocas?, ¿Que ules?, ¿a que sabe?. Así desenvolveuse a  actividade consistente en realizar un autorretrato en arxila, cos ollos vendados, no caso d@s participantes comn resto visual, e asistidos por unh@ alumn@ do ciclo de Técnicas escultóricas, no caso d@s participantes con cegueira. A exp foi moi significativa, e contou coa colaboración de Alicia López, escritora e mestra de escritura creativa, que completou a actividade cun obradoiro de escritura que que deixou testemuña nun breve texto do traballo realizado por cada un dos participantes na experiencia.

 

Imaxe dun momento da actividade realizada entre alumnos a afiliados da ONCE na Escola Mestre Mateo

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

vigosalida_castrelos.jpg
tupersexgrupo.jpg
ardelucus.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos