Encontro institucional con Inés Rey

NÚMERO 23. XANEIRO 2020

reunion1expdteyalcaldesat.jpg

A comezos do mes de xaneiro o delegado territorial e o prtesidente do Consello Territorial mantiveron un primeiro encontro institucional coa nova alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, a quen plantexaron diveros asuntos relacionados coas persoas cegas e coa presenza da ONCE na cidade herculina.  Trasladáronlle á  rexidora a importancia de darlle continuidade a proxectos nos que levan anos traballando en colaboración a ONCE e o Concello e abriron outras vías de colaboración no futuro próximo.

Entre os asuntos tratados estiveron os  relacionados coa accesibilidade no transporte público e nas rúas,  poñendo énfase na regulación do uso de patinetes eléctricos na conservación do pavimento adaptado ás necesidades das persoas con discapacidade. A educación inclusiva e as actividades culturais e de lecer tamén foron abordadas nesa xuntanza, salientando a importancias de que todas as persoas podan disfrutar con normalidade da súa asistencia a concertos, exposición e outras actividades programadas na cidade.

Manuel Martínez e Carlos Fernández tamén lle expuxeron á alcaldesa os problemas que teñen as persoas con discapacidade para obter un emprego así como  e a alta taxa de desemprego que hai entre as persoas con discapacidade, con maior índice de paro entre as mulleres, e puxeron a disposición do Concello tódolos recursos de que dispón op Grupo Social ONCE, a través da súa Fundación e de Inserta Empleo para incluir a tódalas persoas con discapacidade da bolsa do Concello. A incorporación paulatina dos novos quioscos accésibles e ecolóxicos en substitución dos actuais tamén formou parte dos temas tratados, así como a preocupación da ONCE polo xogo ilegal, polo que supón de abuso de persoas con discapacidade e doutras en risco de exclusión na comercialización de xogos ilegais.

 

Publicador de contidos

Más noticias de De Interese

Obra ‘ILUSIÓN’ de BoaMistura creada junto a trabajadores de Fundación ONCE
Rafael Ignacio Barraquer, Ángel Sánchez y José Luis Martínez estrechando sus manos
Usuario probando las gafas Rayban

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos