Doazón de cadeiras de rodas

A Fundación ONCE entregou tres cadeiras de rodas de competición para as Escolas do Iberconsa-Amfiv. O acto de entrega tivo lugar na sede da ONCE en Vigo, coa participación do director da Organización en Vigo, Roberto Gaspar, o capitán do Iberconsa Amfiv, Agustín Alejos e o xogador veterano Bernabé Costas.
Alejos e Costas acudiron á sede central da ONCE na Gran Vía viguesa en representación do Clube. ASs tres cadeiras de rodas de competición irán destinadas aos xogadores e xogadoras das Esolas Deportivas do Amfiv. El director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar , encargado de presidir o acto, puxo de relevo o apoio da institución ao proxecto do Iberconsa Amfiv.
Os representantes do clube agradeceron o apoio en nome dos futuros e futuras deportistas que, grazas a xestos coma este, poderán continuar disfrutando da práctica deportiva unha vez que a situación epidemiolóxica que estamos vivindo comeze a remitir. Un agradecemento que fixeron extensible desde todos os estamentos da entidade deportiva tanto á ONCE como á Fundación ONCE pola colaboración que amosan ano tras ano e que permite que proyextos como o do Iberconsa Amfiv continúen adiante.