Chévere recolleu o I Premio FTV

NÚMERO 10 // DECEMBRO 2018

chevre_recolle_o_premio-2-0.jpg

Coincidindo coa primeira edición do Festival de Teatro Valacar,  concedeuse o "I Premio FTV de Integración nas Artes Escénicas" ao grupo de teatro  santiagués Chévere. O seu director, Xesús Ron , e unha das súa actrices, Patricia de Lorenzo, recolleron o galardón que lles foi entregado polo delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan na recén inaugurada  Sala Teatral Alternativa e Intermitente do Edificio ONCE de A Coruña.  Xesús Ron agradeceu o galardón e fixo fincapé no compromiso do grupo e  tódos os seus compoñentes co teatro accesible e inclusivo para tódalas discapacidades.

Os promotores do acto sinalaron que o PREMIO FTV 2018 recaeu no Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014)  por “facer realidade o compromiso, apoio e organización de funcións de teatro accesible, dando a oportunidade a calquera persoa, independentemente das súas capacidades, de poder disfrutar das artes escénicas.

Asimesmo, lembraron que o espectáculo de Chévere “Eroski Paraíso” foi  completamente accesible  para calquera discapacidade, e  que en dicembro de 2017 fixeron funcións con audiodescrición, subtítulos e linguaxe de signos e que neste ano 2018  Chévere fixo para o Centro Dramático Galego #8211CDG- a obra “Divinas Palabras” de Valle Inclán en galego, que representaron nunha función totalmente accesible no Salón Teatro de Santiago, con audiodescrición, lingua de signos e lectura doada. 

 

Na imaxe,  a actriz Patricia de Lorenzo sostén o premio ante a mirada de Manuel Martín, X.Ron e Dolores Venancio

 

O  Premio FTV concédese a persoas, empresas, ONG e entidades públicas ou privadas que salienten pola súa traxectoria a prol da integración, en todas as súas variantes, das persoas con diversidade funcional nas Artes Escénicas (teatro, música ou danza). O promotor do galardón é o  Grupo de Teatro Valacar,  da Asociación Cultural de Cegos e Deficientes Visuais de Galicia,  ligada á ONCE. A presidenta da Asociación e Xefa de Servizos para Afiliados de ONCE-Galicia, , Dolores Venancio introducíu o acto lembrando a traxectoria de 30 anos de teatro de Valacar, nacido en A Coruña, así como  a importancia do Movemento Teatral ONCE no desenvolvemento cultural , que lle valeu un  Premio Max.

Dolores Venancio encabezou o Xurado encargado de conceder o premio FTV 2018 , do que tamén formaron parte Nieves García Longueira, animadora sociocultural da ONCE; os actores de Valacar  Yésica Val, Willy Méndez y Felipe Cotelo e o  director do grupo, Pedro Rubín. 
 

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos