CERMI Galicia reúnese con En Marea

NÚMERO 6/ 7 . AGOSTO-SETEMBRO 2018

cermiymareaenparlamento_0.jpg

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) celebrou o mes de xullo, no Parlamento autonómico, un acto co grupo político  En Marea, co fin de repasar as principais demandas das persoas con discapacidade e s súa familias en Galicia. No acto estiveron presentes, entre outros, o presidente do ERMI-Galicia, Iker Sertucha, e o vicepresidente da entidade, Carlos Fernández Lamigueiro.
Por parte de En Marea falaron a deputada  Paula Vázquez, responsable de Política Social do grupo político e o máximo responsable desta forza, Luis Villares. Tanto Vázquez como Villares puxeron en valor o traballo que realiza a plataforma representativa da discapacidade en Galicia.
Entre as conclusiones da xornada, destaca a necesidade de poñer en marcha a lei aprobada polo Parlamento de Galicia que regula o ‘concerto social’, co fin de fomentar que as organizacións sociais sen ánimo de lucro podan prestar servizos sociais, dao que son quen máis e mellor coñecen as necesidades de grupos sociais como o das  persoas con discapacidade.
Do mesmo xeio,  acordouse instar a desenvolver a nova lei de accesibilidade na Comunidade Autónoma, co obxectivo de avanzar na igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade. Par rematar, o grupo En Marea fixo súa a  reclamación do Cermi Galicia relativa á creación dunha Comisión permanente sobre discapacidade no Parlamento galego.

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos