Centenario do Racing de Ferrol

NÚMERO 20 - OUTUBRO 2019

img_20190925_123317.jpg

O centenario do Racing Club de Ferrol S.A.D. xa ten o seu cupón  que se sortea o vindeiro sábado 5 de outubro.  As instalacións do Club en A Malata,  acolleron o acto de presentación da iniciativa que difundirá a efeméride do Racing en 5,5 millóns de cupóns.
Carlos Fernández Lamigueiro, presidente do Consello Territorial de ONCE- Galicia, acompañado de José María Criado Labajo,  presidente do RCF e de Carlos López Fernández, xerente do Club, presentaron o deseño do cupón, no que se reproducen sendas fotografías de A Malata, unha antiga e outra do estadio actual, así como os escudos do Club, acompañados do texto “100 años Racing de Ferrol. 1919- 2019”.

Carlos Fernández fixo entrega aos representantes do Racing dunha reproducción enmarcada do orixinal do cupón, realizada pola Imprenta da ONCE e trasladoulle aos directivos os mellores desexos da organización para o Club neste centenario e nos anos por vir. O Racing, que recén ascendeu a  Segunda División B - Grupo 1, conta cunha consolidada afición que va máis alá de Ferrol e a súa bisbarra e organiza anualmente , entre outros eventos, o Trofeo Concepción Arenal, en homenaxe á ilustre ferrolá, no que teñen participado equipos españois e estranxeiros, aínda que o equipo que máis veces participou foi a  Deportivo de A Coruña.

Imaxe do cupón que conmemora o centenario do Racing de Ferrol

Publicador de contidos

Más noticias de Xogo

Cupón del día 14 de diciembre de 2025 dedicado a Monforte de Lemos
Logo de los productos de lotería ONCE premiados en Galicia durante el mes de diciembre

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos