Caricias en Braille

NÚMERO 8 . OUTUBRO 2018

actividad_vigo.jpg

O pasado mes de agosto un grupo de 29 afiliados e acompañantes da  ONCE de Vigo participaron desprazáronse a Tui (Pontevedra) para participar na actividade accesible "Caricias en Barille", integrada no XIII Festival "Música no Claustro" que se celebrada cada verán na catedral e organizada en colaboración coa nosa Organización.

A xornada accesible consistíu nun itinerario artístico-escultórico  de 90 minutos,  adaptado a persoas con discapacidade visual, que lles permitíu percorrer nunha visita guiada o templo durante a cal poideron tocar unha grande variedade de elementos arquitectónicos,  escultóticos e ornamentais, así como disfrutar dunha feroisa demostración musical dende o impresionante órgano da catedral.

Rematada a visita ao templo participaron nun taller de imaxinería no propio claustro da catedral e coñecer cómo se realizan e restauran en madeira as figuras relixiosas.  Para a realización desta actividade editáronse en relevo tres planos de diferentes partes da catedral. Antes de dar por rematada a viaxe cultural, os afiliados e os seus acompañantes asistiron a un concerto do grupo African Soul no mesmo claustro catedralicio.

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos