Campamento de verán en Ourense

NÚMERO 6/ 7 . AGOSTO-SETEMBRO 2018

campamentoourenemastercheffinal.jpg

O  ‘arte dos fogóns’ chegou  este verán aos  campamentos inclusivos  que organiza  a  ONCE por diferentes puntos de  España, co fin de que os xoves  disfruten de forma lúdica desta actividade.  Así, en Ourense,  33 xoves de Galicia e Asturias, dus deles con xordocegueira,  disfrutaron con esta e outras actividades durante o campamento que se celebrou do 15 ao 21 de xullo no Complexo Turístico-Deportivo "O Corgo" en Muíños (Ourense).
A oferta de campamentos e cursos de verán da ONCE son para todos os seus estudiantes cegos e con discapacidade visual grave e están abertos tamén á participación de nenos e nenas con outras discapacidades asociadas á cegueira e tamén a nenos e nenas sen  discapacidade. Nesta ocasión, ademáis do concurso de cociña houbo  actividades deportivas e de multiaventura, lúdicas e de ocio, de desenvolvemento da autonomía persoal ou de adquisición de habilidades sociais. 

O concurso de cociña celebrouse o 21 de xullo, día no que os xoves recibiron tamén a visita da vicepresidenta do Consello Xeral da ONCE, Patricia SAnz, e da responsable de Servicios Sociais para Afiliados da Delegación Territorial de Galicia, Dolores Venancio. Os xoves participaron en grupos de entre 3 e 4 compoñentes.

Cada equipo elaborou unha receita que despois presentou ante o xurado seleccionador. O equipo gañador recibíu como premio un fin de semana de convivencia en Madrid, entre o  7 e o 9 de setembro, no que farán diferentes actividades de cociña dirixidas por un prestixioso chef.

Os xoves afiliados durante a preparación dos platos do concurso

 

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

Manos sobre un tablero de ajedrez adaptado
Collage con imágenes del XVIII Encuentro Gallego de Postcrossing
Los asistentes a la jornada conociendo los distintos materiales en braille

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos