Cadeiras de rodas para escolas deportivas

Fundación ONCE apoia a práctica do deporte base para persoas con discapacidade coa doazón de 33cadeiras de rodas a 12 escolass de baloncesto en cadeira de rodas distribuidas por toda España. En Galicia o material doado foi para o Basketmi-Abeconsa de Ferrol e para a BSR Vigo.
Con esta última doazón xa son preto de 150 cadeirras de rodas deportivas as entregadas por Fundación ONCE desde que hai catro anos puxo En marcha a iniciativa de promover a actividade deportiva como unha ferramenta para a plena inclusión das persoas con discapacidade.
O baloncesto en cadeira de rodas é un dos principais deportes paralímpicos que se practican en España, onde existe unha das ligas máis fortes de Europa. Durante os pasados Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro de 2016 a selección española obtivo a medalla de prata.
A División de Honra da Liga Nacional de Baloncesto en Cadeira de Rodas é considerada a máis potente de Europa e cumpre esta tempada a súa 53 edición. A máxima categoría deste deporte está formada por doce equipos cun total de 126 xogadores, moitos deles medallistas nalguna das competicións europeas.
O bo momento deste deporte tamén se reflicte no feito de que España terá equipo masculinoey femenino nos próximos Xuegos Paralímpicos de Tokio, algo que só pasou en Barcelona’92.