A xove atleta Ana Varela triunfa en Compostela

NÚMERO 3 - MAIO 2018

ana_varelameta.jpg

O domingo 8 de abril celebrouse en Santiago de Compostela o Campeonato de Galicia  I Milla Urbana en  Ruta "Portas de Compostela", organizada polo Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo, no que participou a xove atleta afiliada Ana Varela Mosteiro, pertencente ao Club ATletismo Sada -CAS-, clasificándose no 4º posto da categoría senior e conseguindo tamén a súa mellor marca.

Nun circuito durísimo, de case tres voltas con cinco xiros de  180º e costa arriba, a atleta con discapacidade visual do CAS demostrou os froitos que se recollen logo de moito esforzo e longos entrenamentos. Ana entrou no posto 22 da categoría absoluta e no 4º puesto da categoría senior, parando o crono en 7:05 baixando a marca que tiña ata agora deaseis segundos e conseguindo a súa MMP.

A atleta cruza a meta da I Milla Urbana Portas de Compostela

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

Aristas gallegos durante se actuación en el Festival de Música ONCE
El Grupo Sestrelao en el escenario

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos