A portavoz nacional do BNG visita a ONCE
A portavoz nacional do BNG visita a sede da Delegación Territorial da ONCE en A Coruña e propón un gran acordo que implique a tódolos sectores para lograr unha sociedade máis inclusiva. Anunciou tamén que o seu grupo defenderá que a comisión parlamentaria sobre Discapacidade sexa un foro permanente, tal como reclama o sector. O delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan e o presidente do Consello Territorial, Carlos Fernández Lamigueiro foron os anfitrións da visita da política galega, que estivo acompañada da concelleira coruñesa, Avia Veira e do responsable do partido na cidade herculina, Manel Méndez. Antes de facer un percorrido polas instalacións do edificio para coñecer os servizos que presta a ONCE aos seus afiliados celebrouse unha xuntanza na que os directivos da ONCE trasladáronlle as inquedanzas en materia de accesibilidade, emprego, educación e, en definitiva, da mellora da calidad de vida das persoas con discapacidade, que en Galicia son más de 250.000. Lembraron que a ONCE ten 3.800 afiliados en Galicia e máis do 56 por cento do persoal do Grupo Social ONCE en Galicia ten algún tipo de discapaidade.
Os directivos da ONCE sinalaron que a pesar de que o marco normativo galego recolle bastantes dereitos das persoas con discapacidade, faise necesario levalos á práctica para que realmente sexan efectivos e reivindicaron a plenitude de exercicio de cidadanía para todo o colectivo, considerando que a diversidade aporta valor á sociedade e hai que ter unha oportunidade para poder amosar o talento que ten o colectivo da discapacidade.
Pola súa banda, Ana Pontón alabou o traballo que leva realizando a ONCE nos seus 80 anos de vida en materia de eliminación de barreiras e inclusión social e comprometeuse asumir a reclamación de caracter de foro permanente da Comisión sobre Discapacidade que está constituída no Parlamento de Galicia. A portavoz nacional do BNG tamén manifestou a súa preocupación polo reiterado incumprimento das leis que regulan os dereitos das persoas con discapacidade, en referencia á Lei de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas que segue sen aplicarse na súa totalidade .
Pontón tamén denunciou a aparición de novas barreiras arquitectónicas que dificultan a autonomía das persoas con discapacidade visual, como son, por exemplo, a brecha dixital que se pode crear nas escolas pola incorporación das novas tecnoloxías ou a discriminación que sofren as persoas cegas ao acudir a unha cita sanitaria no Servizo Galego de Saúde e no ter un elemento auditivo no aviso das quendas. Dixo que trátase máis dun problema de sensibilidade que económico, polo que anunciou que dende o o BNG van "propoñer que haxa un gran acordo en Galiza para eliminación de barreiras, con implicación de tódolos sectores para aumentar os recursos e facer unha sociedade máis inclusiva”.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30