Sentir o Mar en Muros

Seccións: CRE
sentir-o-mar-1024x497muelle.jpg

O sábado 15 de decembro a localidade de Muros foi e a protagonista dunha experiencia realizada coa colaboración da Consellería do Mar e a ONCE, que permitíu a un grupo de afiliados  achegarse ao mar cos sentidos. A actividade, que xa se fixo en Marín no mes de xuño,   deriva da  publicación dun traballo realizado por un equipo de profesionais do ámbito educativo e social e demostra distintas formas de vivir o mar para as persoas invidentes.

Un proxecto, sen dúbida, “concibido co espírito de superar barreiras e que alberga a excelencia educativa”, segundo indicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a  presentación do libro previa á viaxe nos barcos, e na que tamén particiou o director do CRE de Pontevedra, José Ángel Abraldes.


O proxecto involucra a profesores, estudantes e familias, xa que é unha ferramenta de apoio para eles. Deste xeito, os participantes fixeron da navegación tradicional unha nova actividade de ocio segura e atractiva. A iniciativa Sentir o mar é “un recurso pedagóxico que se compón de experiencias vitais, consellos e boas prácticas”.
Ademais da guía, esta iniciativa comprende exercicios de navegación en embarcacións previamente formadas de xeito específico, como o que se realizou en Muros trala presentación da publicación. Nestes exercicios preséntase a descrición gráfica do barco e a nomenclatura das súas partes en braille co apoio de elementos como unha maqueta a tamaño escala, que reproduce todos os detalles do barco, permitindo a familiarización dos novos navegantes, e unhas láminas realizadas en papel microcápsula en relevo que facilita a súa exploración na propia embarcación.

 

Patróns e mariñeiros de Muros reciben formación por parte do persoal do CRE da ONCE de Pontevedra

 

Estas xornadas inclúen tamén unha visita guiada polo barco previa á navegación. É o exercicio máis realista e persoal, que  axuda a xerar a sensación de seguridade necesaria para realizar manobras.  Para poder levar a cabo a actividade,  semanas antes da súa posta en práctica o técnico especialista do  CRE da ONCE de Pontevedra, Jaime Domínguez Tojo, impartíu información e formación teórica e práctica entre os patróns e mariñeiros dos barcos que tomaron parte na actividade. 

 

Publicador de contidos

Calendario

Novembro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos