Premio "Cidade de Pontevedra"
O presidente do grupo social ONCE, Miguel Carballeda Piñeiro, recolleu de mans do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, un dos premios "Cidade de Pontevedra" que o Concello otorgou ao CRE da ONCE "polo seu labor educativo e social e o seu compromiso con Pontevedra, axudándonos a construir a cidade que somos: a cidade das persoas", según consta na acta do xurado.
O galardón, consistente nun diploma e un Teucro de prata, entregouse a finais do pasado mes de xaneiro nun acto celebrado no Teatro Principal da cidade en presencia de toda a corporación municipal, outros representantes institucionais e os responsables do CRE e da ONCE en Galicia.
Na súa intervención, Fernández Lores alabou o "puntal de apoio" da organizaciónde na construcción do actual modelo urbán da cidade. O rexidor asegurou que si a Once non exstise, "o concepto que teriamos da solidariedade sería distinto; e seguramente peor". "Grazas a esa maquinaria social de construír igualdade e integración, as persoas que ven distinto dispoñen dun forte colchón onde apoiarse", salientou. POla súa banda, o presidente da ONCE, Miguel Carballeda, amosou a súa emoción polo recoñecemento á ONCE na cidade onde naceu , que definiu como unda das "cidades máis fermosas do mundo". Carballeda salientou o papel dos profesionais que traballan para a institución, que en Pontevedra ten a sede dun dos cinco centros de recursos educativos que xestiona a ONCE en todo o Estado. "Hai 80 años non daban un duro por nós. Pero conseguimos saír adiante. Agora somos o carto empregador de España, de persoas con o sen discapacidade visua",subrayó. Durante o seu discurso, o presidente da Once lanzou unha mensaxe de concordia, invitando ás persoas a "mirarse á cara, a entenderse e a darse unha oportunidade".
O acto de entrega de galardóns "Cidade de Pontevedra" rematou co himno de Galicia interpretado polo grupo de gaitas “ Os Algures”.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31