O cupón deixou en setembro case un millón de euros en premios
Os sorteos celebrados durante o mes de setembro deixaron varios premios importantes en Galicia, chegando a repartir máis de 930.000 euros.
O primeiro deles foi no sorteo de fin de semana do domingo 6 de setembro, que deixou en Santiago de Compostela un " Sueldazo " de 2.000 euros ao mes durante 10 anos. A sorte deuna o vendedor Juan Manuel Pérez Gómez, que vendeu o cupón na Rúa da Ameas, en plerno centro histórico da cidade compostelá e fíxoo a véspera de iniciar o seu periodo de vacacións. Ao ser unha das zonas máis concurridas por turistas e locais, que da acceso á Praza de Abastos, nada de soubo da persoa que tivoa sorte de asegurarse un Sueldazo de 2.000 euros mensuais durante os próximos 10 anos da súa vida. José Manuel Pérez, un xove compostelán afiliado a la ONCE e amante del deporte, non logrou dar co afortunado ou afortunada, pero estaba seguro de que ”Non puden empezar mellor as miñas vacacións que repartindo tanta alegría a un cliente..ou clienta, quen sabe"
Cinco días máis tarde, o venres 11 de setembro o sorteo do Cuponazo dejixou no municipio pontevedrés de Moaña catro cupóns premiados con 25.000 euros cada un, repartindo un total de 100.000 euros. O vendedor Juan Manuel Docampo López foi quen levou a sorte a algúns dos seus clientes habituais no municipio, donde vende nun quiosco e tamén en ruta.
E o luns día 14 de setembro o vendedor José Ramón Chaves Piñeiro despedíuse da cidade de Pontevedra por todo alto, repartindo 315.000 euros en 9 cupóns premiados con 35.000 euros cada un. José Ramón, que nos dous últimos anos e pico vendeu ás portas do Carrefour e tamén nalgunhas rúas do centro da cidade, está seguro de que avendeu prácticamente todos no Carrefour. E así dixo adeus á cidade na que traballou durante os dous últimos anos. Agora xa está incorporado ao seu novoposto de venta en Vilagarcía de Arousa, a súa terra natal. Non podía ter mellor "volta a casa" José Ramón Chaves, un compañeiro que ten agora 50 años e un trasplante de ril nos corenta que cambiou a súa vida. Camioneiro de profesión, casado e con dous fillos, después de pasar a longa enfermidade e o trasplante, conseguíu empezar unha nova traxectoria profesional incorporándose á rede de vendas da ONCE.
O mes rematou con 8 cupóns premiados en Vigo no sorteo do día 29, que repartíu 280.000 euros na cidade, concretamente en Matamá. Alí foi onde os vendeu entre os seus clientes Inocencio Couñago Domínguez, que leva case catro anos traballando como vendedor da ONCE e ten un expositor fronte ao cemiterio municipal de Matamá, xunto a unha oficina de Abanca. Inocencio, que chegou á nosa casa logo dun accidente doméstico no que perdeu un ollo, necsitaba unha boa nova coma este premio aos seus clientes habituais, pois ven de pasar unha etapa dura ao ser un dos primeiros vigueses contaxiados polo coronavirus no pasado mes de marzo, e parte da súa familia, sofrindo dobremente por eles e por él. Agora, xa inmunizado e con forza renovada, agarda voolver a dar de novo a sorte á súa clientela.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31