O Cocido de Lalín no cupón

A imaxe do cupón do domingo 7 de febreiro estivo adicada á 53 edición da Feira do Cocido de Lalín, Festa de Interese Turístico Internacional, que nesta edición non puido celebrarse a causa da pandemia.
A iniciativa da emisión do cupón xurdíu hai máis dun ano do presidente da ONCE, Miguel Carballeda, comendador da Orde de Cocido lalinense, e do alcalde da localidade pontevedresa, Xosé Crespo, os cales tiñan tamén prevista adegustación dun multitudinario cocido en Madrid para 1.111 personas do colectivo de pensiponistas da ONCE, que desafortunadamente tamén quedou en suspenso.
O cupón estivo ilustrado cunha fotografía dunha xenerosa fonte de cocido na que non faltan os chorizos, garbanzos, a cachuca e o lacón de porco, grelos e patacas, entre otros ingredientes que fan do cocido galego e lalinense un dos pratos máis completos da gastronomía. A primeira Feira do Cocido celebrouse no ano 1969 para exaltar o prato máis tradicional da cociña galega. Desde aquel ano, a feira xa non parou de medrar ata converterse nun referente gastronómico e nunha cita ineludible como prólogo do Entroido. Lembremos que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao Entroido.
O continuo crecemento da feira grazas aos turistas quer veñen de Galicia e do resto de España, no ano 1999 foi declarada en 1999 fose declarada Festa de Interese Turístico Galego e no 2010 Festa de Interese Turístico Nacional, e , finalmente, Festa de Interese Turístico Internacional.
Desde o concello lalinense lévanse a múltiples iniciativas que teñen como obxectivo a popularización do seu prato máis insigne e a promoción do municipio a comarca do Deza. Cabe destacar entre elas a celebración do Mes do Cocido, a entrega dos premios Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico, concertos, degustacións do cocido en diferentes cidades e países, etc. Entre osseus sus principais atractivos tamén destacan o desfile de Carrozas, comparsas e charangas e, por suposto, a propia feira, na que se expoñen e venden os mellores produtos das terras da comarca do Deza.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31