Estudante Galeguista do Ano

Seccións: Protagonistas
estudntegaleguistaposado.jpg

O venres 23 de novembro pasado  o xove estudante  afiliado Marco Pereira Oliveira recibíu o I Premio "Estudante Galeguista do Ano 2018,  entregado pola Asociación Nacionalista Galega -ANG- . Marco Pereira,  natural de Xove  e de 24 anos de idade,  rematou o ciclo superior de Administración e Finanzas  no IES Perdouro de Burela (Lugo) e na actualidade estuda  primeiro curso de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.

A ANG recoñeceu o seu expediente académico así como o labor que desenvolve como coordenador e locutor do programa de Radio Burela "Grandes Voces do Noso Mundo", un espazo aberto ao mundo lusófono. A entrega do galardón  tivo lugar na Sala Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela,  e nela interviron, entre outros, o decano da Facultade,  Xosé Ramón Pousa, en representación da entidade organizadora, e o propio estudante Marco Pereira. O director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro Canosa, acompañou ao xove estudante afiliado no acto de  recoñecemento, no que a ANG entregou a Marco un diploma acreditativo do premio e un importante lote de libros. 

Na imaxe, un momento do acto de entrega do galardos na USC

 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Publicador de contidos