Coa "Mostra do Encaixe" de Camariñas

A presentación do cupón do día 6 de abril que estará dedicado á XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, que tiivo lugar na famosa localidade da Costa da Morte, abriu a semana de actividades , moitas delas virtuais, para conmemorar o evento debido ás restriccóons derivadas da pandemia da Covid19.O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, desprazouse a Camariñas para facer entrega á alcaldesa da localidade, Sandra Insua, dunha reproducción do orixinal do cupón enmarcado e presentalo oficialmente.
O cupón reproduce unha paxarela negra realizada con encaixe camariñán que é a mesma que leva o famoso modelo internacional orixinario de Vimianzo, Adrián , no cartel promocional da Mostra 2021.
O delegado da ONCE trasladou á alcaldesa a satisfacción da organización de poder sumarse ao trinta aniversario dunha Mostra que toda Galicia asocia coas datas da Semana Santa e que traspoasou fronteiras non só xeográficas senón tamén de calidade, ao lograr captar a atención de deseñadores de renome e fama internacional. “ Desde a ONCE queremos sumarnos a todo o traballo. dedicación e esforzo de ducias de xeracións de mulleres que converteron o Encaixe de Camariñas en algo único e excepcional”, sinalou Manuel Martínez.
Pola súa banda, a alcaldesa camariñán explicou que por sefgundo ano consecutivo, a á consecuencia da pandemia, a Mostra terá que realizarse virtualmente , ainda que esta celebración a través das redes sociais ten novidades, como o centrarse na comercialización do encaixe e na publicación das coleccións do certame de xóves deseñadores.Para fomentar a actividade comercial e apoiarar o traballo anual do comercio local durante a semana do 30 de marzo ao 4 de abril, os postos participantes ofrecerán a través de Facebook unha serie de produtos con encaixe con descuentos especiaises e na web da Mostra habilitarase un espazo para esas ofertas.
Sandra Insua también lembrou que do 8 ao 12 de outubro está previsto realizar a Mostra presencial, si as condicións o permiten. No acto celebrado para presentar o cupón tamén estiveron presentes o tenente de alcalde , Sergio Caamaño; a directora da Mostra, Dolores Lema e a concelleira de Turismo e Encaixe, Encarna Liñeiro. Entre todos mostráronlle ao delegado territorial as dependencias do Museo do Encaixe, con explicacións do traballo das palilleiras.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31