CERMI reclama un plan de vacinación para a discapacidade

vacunacioncermicoronavirus.jpg

 O CERMI (Comité Estatal de Representantes de Persoas con Discapacidade) Galicia demanda que se inclúa ás persoas usuarias da súa rede de centros de atención, todas elas en situación de especial vulnerabilidade, no Plan Galego de Vacinación fronte ao SARS-Cov-2, ao tempo que demanda á Xunta de Galicia que se cumpra coa orde establecida de grupos de priorización no actual programa de inmunización.

O CERMI Galicia aglutina ás doce principais federacións de discapacidade no ámbito autonómico, que  representan a máis de 200.000 persoas con discapacidade, e á súa vez reúnen a ducias de asociacións de base que xestionan todo tipo de centros de atención diúrna, residencial e ocupacional, e outros recursos de atención, formación, rehabilitación, orientación, etc., dirixidos ás persoas e familias con discapacidade.

Desde o CERMI Galicia chámase a atención sobre a  desigualdade creada no actual programa, que inclúe ás persoas con discapacidade institucionalizadas en residencias (grupo de priorización 1), así como a aquelas dependentes grao III (grupo de priorización 4), deixando de lado ao resto de situacións de discapacidade e dependencia, que de maneira sistemática presentan pluripatoloxías e outras situacións que colocan a súa saúde en situación de especial vulnerabilidade.

 

 

Situación de desigualdade

A situación de desigualdade acrecéntase coa inclusión no programa de vacinación dos equipos profesionais de atención. O grupo de priorización 3 inclúe no apartado 3B a “outro persoal de ámbito sanitario”, de maneira que se cobre ás profesionais, pero non ás persoas usuarias dos centros, relegándoas a unha situación de vulnerabilidade altamente preocupante, con diversas repercusións non só a nivel de risco de contaxio por coronavirus. As entidades membro do CERMI Galicia teñen detectado un abandono da asistencia aos centros por medo a contaxios que tamén ten repercusións, moitas veces irreversibles, na rehabilitación (deterioro e perda de capacidades) e na inclusión social.

Desde o CERMI Galicia reclámase que se reestruture o programa de vacinación, tendo en conta os exemplos doutras comunidades autónomas nas que se vacinou ao mesmo tempo aos equipos profesionais e persoas usuarias dos centros de atención á discapacidade, blindando, polo tanto, ao mesmo tempo, aos dous colectivos, e convertendo ás asociacións e centros en espazos seguros fronte á COVID19.

 

Fotografía de una mano que sostiene una jeringuilla y  rodeada de tubos de ensayo


Incumprimentos do plan vixente

Ademais, as entidades do CERMI Galicia denuncian incumprimentos e retrasos no programa de vacinación vixente. As doce entidades teñen detectados casos de vacinación non administrada, en todas as áreas sanitarias, tanto en persoas usuarias e profesionais de recursos residenciais, persoal sanitario, dependentes de grao III e maiores de 80 anos (neste último caso, unha situación comprensible debido ao abastecemento de vacinas aconselladas para grupos de idade inferior).

O CERMI considera moi preocupante o avance por grupos de priorización cando non se completou a inmunización dos que o propio programa considera de maior urxencia. Tamén a desigualdade e deficiencias detectadas no sistema de planificación e de convocatoria para recibir a vacina.

 

Fotografía en la que se aprecian tres tubos de vacuna y una jeringuilla

 

CERMI Galicia puxo esta situación en coñecemento do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que respondeu por carta que o plan galego segue a Estratexia Nacional de Vacinación, que fixa como criterios de priorización a idade e a discapacidade. Sen embargo, a discapacidade só se tivo en conta a nivel residencial e do grao máximo, deixando a todo o colectivo de persoas con graos I e II, ou sen recoñecemento de discapacidade, en situación de exclusión.

Para o CERMI Galicia esta situación é inaceptable, máxime visto o anuncio por parte da Xunta de Galicia de que se iniciará o proceso de inmunización da poboación de entre 50 e 55 anos.

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos