BRAITICO é o innovador método de alfabetización desenvolvido pola ONCE

A ONCE vai introducir en tódalas aulas de Galicia onde haxa escolarizado algún alumno con discapacidade visual, ao longo do presente curso escolar, o método ‘Braitico’, co que miles de nienos e nenas poderán descubrir o braille dun xeito divertido, preto e sinxelo.
A nova didáctica ‘Braitico’ favorecerá que os escolares cegos que aprendan a ler e a escribir en braille o fagan da mesma maneira dentro e fora da aula, fomentando ademais que o resto dos seus compañeiros se interesen, coñezan e familiaricen con este código.
Para dar a coñecer o funcionamento de ‘Braitico’, a Delegación Territorial da ONCE en Galicia realizou un taller práctico cunha demostración a cargo de Manuela Souto Suárez, unha afiliada coruñesa de nove anos de idade que cursa 4º de Primaria nun colexio herculino. Manuela estivo acompañada polo delegado territorial, Manuel Martínez e apoiada polas profesoras da ONCE, Covadonga de la Fuente e Rosa Pérez.
‘Braitico’ convértese no primeir método oficial e inclusivo para aprender braille, que vai máis alá da simple aprendizaxe dun código de lectoescritura, pues comeza cando o neno nace e continúa durante toda a súa escolarización, sempre cunha base didáctica e neurolóxica basada nas últimas innovacións educativas.
Promovido pola Comisión Braille Española (CBE), ‘Braitico’ é froito do traballo realizado por un importante número de profesores e educadores da ONCE de toda España. O obxectivo é convertelo nunha ferramenta fundamental para máis de 400 docentes de todo eo país que teñen a alumnos cegos nas súas aulas a que ata agora non contaban cun método apropiado para desenvolver un programa de alfabetización tan necesario para conseguir un grao idóneo de inclusión na aula. En Galicia, a ONCE presta atención a 356 escolares, dos que 142 están en primaria e educación infantil.
TIC ao servizo da aprendizaxe braille
Nado da idea de que a aprendizaxe braille á unha completa alfabetización e de que as TIC deben formar parte dese proceso, ‘Braitico’ se divide en catro módulos diferenciados pola idade, desde o nacemento ata o final da Educación Primaria (de 0 a 12 años aproximadamente).
O primeiro módulo de Braitico chámae ‘Manitas’ e está dirixido á alfabetización e habilidades previas ao braille (0 a 2 anos). Trátase de despertar o desexo polo mundo y proporcionar experiencias, exercitando o desenvolvemento sensorial, o esquema corporal e a lateralidade, a coordinación psicomotora, a percepción sensorial, os conceptos básicos,o desenvolvemento da percepción háptica (ao tacto) e a motivación cara á lectura. Conta cun software para o mestre no que pósese seguir toda a secuencia ye os obxectivos e actividades para esta etapa e un banco de recursos, consistente nas cancións e retahílas que se utilizan nas diferentes actividades.
O módulo 2, ‘A punto’, contempla a prelectura e preescritura braille (de 2 a 4/5 anos). Busca iniciar unha aprendizaxe intencional, pasar do tridimensional ao plano e comprender a estrutura do signo xerador e, por tanto, do braille. Divídese en cinco competencias: linguaxe oral, competencia motriz e manipulativa, competencia cognitiva, técnica prelectora e técnica preescritora, cada unha delas relacionada cun tema vinculado aos nenos de Educación Infantil (a granxa-escola, o cumpreanos. o parque, o colexio ou a banda de música).
Co módulo 3, ‘Brailleo’, apréndese a ler e excribir en braille (de 4/5 a 7/8 anos), o que constitue no ensino da lectoescritura como tal para que o manexo de código permita manter o seu nivel educativo. Trabállase a secuencia de letras máis acorde coas necesidades do alumno cego.
Por último, o módulo 4, ‘Superbraille 4.0.’, (de 7/8 a 12/13 anos) pretende afianzar o braille para o seu uso con velocidade, eficacia, utilidade e pracer. Está distribuido en cinco competencias: precisión, técnica lectoescritora, organización e técnicas de estudo, comprensión e velocidade. Trabállase fundamentalmente desde o ordenador e con libros e papel.
No momento actual a ONCE atende en toda España 7.500 alumnos cegos ou con discapacidade visual grave a través dun sistema integral de apoio, que contempla ao alumnado, os centros escolares e as familias, co obxetivo de quea súa incorporación se faga en igualdade de condiciones.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31