A fotografía "Marexada en Testal" gaña o concurso VEO EVOLUCIÓN

Seccións: Xogo
marejada_en_testal.jpg

O concurso fotográfico VEO EVOLUCIÓN que organizou recentemente a ONCE, no que o premio máis destacado é que os gañadores verán plasmada a súa su foto en cinco millóns de cupóns, xa ten gañador en Galicia. Pedro García Losada é o autor da fotografía “Marexada en Testal”, coa que quixo reflectir o duro traballo que enfrontan as mariscadoras da Ría de Noia-Muros durante as campañas de recollida de bivalvos, fundamentalmente de berberecho.  A súa fotografía será a imaxe  do cupón del próximo 26 de setembro de 2018
O obxectivo deste concurso, convocado para celebrar o 80 aniversario da ONCE, era buscar as fotografías que mellor reflicten a evolución social, en calquera das súas facetas, en cada unha das 17 Comunidades Autónomas e nas dúas Cidades Autónomas.
En total presentáronse ao concurso 1.190 fotos, delas 67 de Galicia.

A foto seleccionada polos xurado e gañador do primeir premio aparecerán impresa no cupón da ONCE,  firmada co nombre e apelidos do seu autor, ademáis de ser presentada públicamente. Os autores das fotografías que non gañaron pero que obtiveron na votación os postos do segundo ao undécimo,  o agasallo é un álbum Maxi Hofmann de 18 páxinas e impresión dixital. Para a terceira categoría de premios, entre todos os participantes, se sortearon moitísimos produtos de Hofmann ou descontos equivalentes. Os sorteos relizáronse ante notario.

O Xurado de Galicia encargado de decidir a fotografía gañadora estivo presidido polo delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan e formado polo presidente do Consello Territorial ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro e os xornalistas gráficos César Quián (La Voz de Galicia-Grupo Voz); Víctor Echave (La Opinión de A Coruña) e Pedro Puig de Llano (El Ideal Gallego).

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

Decembro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia

Publicador de contidos