O mellor da radio e da TV tamén con nós
Ademáis de tódolos representantes das administracións públicas, non foron poucos os personaxes "populares" que responderon á chamada da Ilusión. Traemos aquí unha representación deles, nas figuras do máis famoso presentador e locutor de Galicia, Xosé Ramón Gayoso, máis de 35 anos no Luar. Tamén ao gran actor e humorista Xosé M. Touriñán e rematamos coa lenda da radio e maestre da animación radiofónica, o padronés Pepe Domingo Castaño.