A ONCE tamén homenaxeou a Carballo Calero
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2020, a ONCE de Galicia animou aos seus afiliados a coñecer ou, no seu caso, revisar, a obra do filólogo e escritor Ricardo Carballo Calero que está dispoñible na súa Biblioteca Dixital (BDO). O profesor Ricardo Carballo Calero, figura homenaxeada iste ano, é considerado pola Real Academia Galega #8211RAG- “unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade so século XX” salientando, ademáis nel “o desenvolvemento dunha traxectoria vital fondamente vinculada á historia do galeguismo”.