Visita sensorial ao Pazo de Lourizán
“AS CORES E SABORES DO PARAISO EN LOURIZÁN" é como se denominou a visita guiada, especialmente adaptada, de vinte afiliados da ONCE de Pontevedra á finca e xardín do “Cuco de Lourizán”, é di, ás que no seu día foron finca e casa de veraneo de Eugenio Montero Ríos e a súa familia.
Capitaneados pola directora da Axencia da ONCE en Pontevedra, Paula Calvete Palmero, e invitados pola dirección do CIFP "Carlos Oroza", os membros da ONCE percorreron a romántica escalinata de pedra do pazo, descubriron o son das fontes máis agochadas da finca, o elegante invernadoiro modernista, e tamén as árbores máis senlleiras e centenarias deste fermoso xardín escenario da política española hai máis dun século.
A xornada rematou cun saudable e orixinal aperitivo elaborado cos productos da horta e co ingrediente especial do Cifp Carlos Oroza: as camelias aromáticas das Rías Baixas, que tamén atopamos neste xardín histórico incluido na ruta das camelias.
A actividade axudou dou a poñer en valor a universalidade do turismo respetuoso co medio e a gastronomía saudable en entornos naturais. alumnos de Turismo e Hostelería do centro pontevedrés Carlos Oroza, que reciben formación en guía a atención a persoas cegas por parte de persoal do CRE da ONCE, puxeron en práctica os coñecementos, destrezas e habilidades adquiridas co desenvolvemento dos tres proxectos de Innovación Educativa premiados pola Consellería de Educación ( Para ti, para min, para todos #8211 PonteVan FP na rúa #8211 A nosa camelia tan curiosa como saborosa).
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31